O Barqueiro
Entrando na Ría de O Barqueiro, atopámonos cunha vila mariñeira de gran valor turístico e que lle dá nome a súa ría. O Barqueiro, núcleo do concello de Mañón, conta cun porto tradicional no que aínda hoxe se poden escoitar polos seus recunchos as historias dos mariñeiros da zona en boca dunhos habitantes moi hospitalarios.
Totalmente recomendable pasarse por este enclave e perderse no tempo contemplando a danza ó compás das ondas das pequenas embarcacións que teñen amarre neste porto.
Atópase a 15km do albergue.