Cabo Estaca De Bares

Trátase do punto máis setentrional da península e ademais marca a inflexión entre o mar Cantábrico e o océano Atlántico. Os seus cantís son azoutados sen descanso polo vento e presidindo na cima atopámonos o faro que non cesa cos seus avisos para os navegantes destas augas bravas.

Ver Mapa

Observatorio Ornitolóxico

Estaca de Bares está reconocido por moitos observadores de aves como o mellor lugar de Europa para albiscar aves oceánicas. Atopámolo cerca do faro, preto dunha antiga base militar.
É un importante punto de paso para gran número de aves migratorias dado que nela converxen as rutas do Atlántico, Mediterráneo e Ártico. Entre Setembro e Decembro convértese no enclave ideal para asistir á migración de especies mariñas e terrestres. Por aquí pasan máis de un millón de aves cada ano. De entre todas destaca o alcatraz atlántico, a pardela pichoneta e cenicienta.

Ver Mapa

A Garita de Bares

Situada a 330m sobre o nivel do mar. Pequena garita de vixilancia dende a que se pode contemplar toda a costa dende a Estaca de Bares ata o Cabo Ortegal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR