Cantís de Loiba

Seguindo a costa cara o Oeste atopámonos cos cantís de Loiba que se estenden dende a praia de Esteiro ata a parroquia de Céltigos, pertencente a Ortigueira.

Estos abruptos acantilados teñen unha altura de entre 80 e 160 metros. Os seus inaccesibles muros case verticais serven de repouso para gran cantidade de gaivotas entre outras especies. Ós seus pés atopámonos cun incansable océano que baña unhas impresionantes praias, como poden ser a praia de O Picón, do Sarridal, Praia Furada, da Ribeira Grande, Praia Fábrega, Os Castros, do Coitelo, Gaivoteira e unha infinidade de pequenas calas, a gran maioría practicamente virxes dado o seu difícil acceso.

O Banco De Loiba

Aquí, nos cantís de Loiba, encontrámonos co banco que pasou a ser coñecido como o mellor banco do mundo. As súas impresionantes vistas cos pés prácticamente no acantilado, aparicións en programas e anuncios de televisión, fotografías recoñecidas,…todo isto lle fixo “saltar á fama” fai uns anos e na actualidade é punto de referencia para os visitantes da zona.

El banco más bonito del mundo está en Galicia…y esta es su mejor foto. (ABC Viajar)

Cómo chegar

Fotografía Nocturna

Esta fotografía nocturna de Dani Caxete está entre as elixidas na sexta edición do Earth and Sky Photo Contest on Dark Skies Importance, un concurso de prestixio que busca os ceos nocturnos máis fermosos do mundo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR