CONDICIÓNS E NORMAS DE CONVIVENCIA

Para un mellor entendemento do funcionamento do albergue e para que a súa estancia sexa agradable, rogámoslle teñan en conta o seguinte:

CONDICIÓNS E NORMAS

  • A formulación da reserva supón a aceptación das presentes condicións xerais.
  • O Albergue O Abeiro de Mañón, cumpre a normativa da Xunta de Galicia e dispón dos seguros correspondentes.
  • Tódolos prezos inclúen IVA.
  • A reserva estará totalmente formalizada á recepción da confirmación por parte do establecemento. Habendo solicitado anteriormente unha tarxeta como garantía da mesma.
  • Non se aceptan cheques. Só se poderá pagar mediante tarxeta de crédito ou débito, efectivo ou transferencia. A estancia aboarase á chegada.
  • Anulacións: 

Gastos de anulación: Cubre os gastos e prexuízos devindicados pola non ocupación das prazas reservadas e anuladas con antelación a data prevista de chegada. Ditos gastos serán orixinados si se cancela nos 2 días anteriores a chegada, sendo estos o 100% da primeira noite de estancia. Exceptuando as reservas do apartamento ou albergue enteiro que serán do 50% da estancia completa.

REGULACIÓN DO ALBERGUE

  • As habitacións están provistas de roupa de cama e toallas. O baño é compartido.
  • A limpeza será diaria da cociña e dos baños. As habitacións só se limparán si están libres antes das 11hrs. O cambio de sabas e toallas será cada 3 noites.
  • O check-in poderase levar a cabo a partir das 14 horas ata as 22:30, sendo de agradecer que se informe da hora de chegada. A hora establecida para o desaloxo de habitacións será ata as 11:00 do día de partida agás que se acorden outros horarios. As saídas efectuadas despois desta hora serán penalizadas con 5€. O pago da penalización non dá dereito a pasar a noite. O albergue cobrará unha noite extra sen dereito a estancia para saídas realizadas máis tarde das 14:00 h. O aloxamento realizarase en réxime de libre distribución pola Dirección da instalación. Pódese consultar a posibilidade dun determinado use e disfrute (individual, compartida ou en grupo) no momento da reserva. Para realizar o rexistro de entrada debe de presentarse un documento de identidade con foto ou pasaporte. Os cidadáns de fóra da UE só con pasaporte.
  • O Abeiro de Mañón non se responsabiliza das accións dos clientes con terceiras persoas.
  • Calquera estrago ou deterioro que se produza a posta ou polo mal uso nas instalacións, deberá ser indemnizado por parte dos responsables correspondentes previa valoración da dirección da instalación.
  • No caso de alquiler do albergue enteiro, deixaranse os apartamentos nas mesmas condicións que se encontraron, polo contrario cobrarase unha tasa de 80€. Si só se reservou un deles, a tasa será da metade.
  • Os datos recollidos, serán tratados informáticamente ou archivados co consentemento do cidadán, quen tén dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para qué os usa, pedir que os mesmos sexan exactos e que se usen para o fin que se recollen coas excepcións contempladas na lexislación vixente.

NORMAS DE CONVIVENCIA

  • Os alberguistas terán un comportamento respetuoso co persoal e co resto dos clientes facéndose responsables das súas accións. O cliente exime de toda responsabilidade derivada das súas accións ó titular e ós responsables do albergue.
  • Respetar o sono das demais persoas durante a noite.
  • Evitar altercados.
  • Seguir as indicacións pertinentes que reciban do persoal encargado de facer cumprir a presente Normativa de Réxime Interno.
  • Ante calquera molestia ou acto irrespetuoso causado ós clientes ou ó persoal do albergue queda reservado o dereito de admisión.
  • Non está permitido fumar en ningunha das dependencias do albergue.
  • Os almorzos considéranse actos colectivos. Os horarios establecidos para os servizos han de respetarse para o ben do colectivo, a organización e a boa orde no establecemento.
  • Non se pode tender roupa, calzados, nin outros obxectos nas fiestras, hai lugaras específicos para iso.
  • As entradas e saídas efectuaranse sempre polas portas destinadas a este fin. Nunca se empregarán fiestras, balcóns nin outro tipo de ocos ó exterior.
  • Toda persoa usuaria do albergue deberá coidar as normas sociais de convivencia e hixiene persoal, así como vestir e calzar adecuadamente nos lugares comúns.

Habitacións:

  • As habitacións son para dormir. Respeten o horario de descanso e ós seus compañeiros/as de habitación.
  • En caso de roubo o albergue non se fai responsable.
  • Non está permitido almacear ou consumir alimentos ou bebidas nas habitacións.
  • O horario de limpeza das habitación é de 11:00 a 12:30. Prégase faciliten as labores de limpeza ó persoal do albergue.

Servizos e instalacións:

  • O almorzo non está incluído no prezo. O horario do almorzo é de 08.30 a 10.30 h.
  • As sabas, mantas e toallas están incluídas no prezo. O roubo ou deterioroción das mesmas será penalizado con 5 €/unidad.
  • Hai wifi de balde na pranta baixa do edificio.
  • O albergue dispón de dúas cociñas para uso interno, equipadas con placa vitrocerámica, frigorífico e zona para o lavado. Han de ser utilizadas de forma responsable. É obriga de cada cliente deixar os utensilios limpos e a cociña recollida despois do seu uso. Cada cliente deberá marcar a súa comida ou bebida con nome e data de checkout e retiralos da cocila antes de saír do albergue. As bebidas e alimentos que non estén marcados debidamente serán retirados polos responsables do albergue. O albergue non se fai responsable da deterioración ou roubo das bebidas e alimentos que se enonctren en dita sala.
  • As comidas terán lugar no comedor ou en lugares destinados a este fin pola dirección do albergue. Nos dormitorios non está permitido preparar ou consumir comidas.
  • O albergue dispón de secadora a disposición dos clientes en horario de 08:30 a 18:00h. previo pago de 5 € por cada servizo.
  • O albergue dispón de salas de ocio con TV, libros e xogos de mesa, de uso libre para clientes.
  • Préstamo de berces.
  • Non se poden sacar os mobles ó exterior, nin colchóns e demais obxectos do establecemento. Os usuario deben respetar a orde e distribución dos mobles. Baixo ningún concepto se poderá alterar o mesmo.

Horarios dos servizos

O Albergue disporá dun cadro de avisos situado nun lugar ben visible. Nel a Dirección publicará as disposicións xerais e particulares que han de rexer o establecemento. En particular, o réxime de horarios dos servizos e o funcionamento das instalacións do albergue: habitaciones, cociña, almorzo, apertura e peche de instalaciones, etc.

O horario de silencio total no albergue será de 23,00 h. a 8,00 h.

Mobiliario, Estragos e Reparacións

Toda persoa usuaria deberá ter coidado coa conservación do edificio, instalacións e mobiliario, especialmente o da súa habitación, cama ou liteira, non pegando carteis nin outros obxectos que poidan danalos, nin en paredes, portas e fiestras. Será responsable de cantos estragos lle sexan imputables, e non seu caso, deberá dar conta das incidencias a dirección do albergue, tanto dos estragos ocasionados, como dos observados.

En todo caso, quen cause estragos nas instalacións ou material cedidos responderán dos danos e perxuízos ocasionados.

Por razóns de seguridade, estará totalmente prohibido o uso de fornos, estufas, acumuladores, etc. Están exentos desta autorización os cargadores de móbiles, de ordenadores, cámaras de fotos, tabletas….

Serzo de cociña, lavandería, ferro de pasar, habitacións, camaliteiras e roupa de cama

O servizo de cociña individual é de uso exclusivo para usuarios individuais e está incluido no servizo de aloxamento. Os utensilios, pratos, aparatos de cociña e complementos están á su disposición. Os usuarios deberán limpar os utensilios, pratos e aparatos utilizados e deixar as dependencias en bo estado de uso.

O uso do servizo de lavandería, secado e prancha manual para usuarios individuais estará a disposición de quen o pida, previo pago da tarifa estipulada (5 € por secado).

Asistencia sanitaria

O albergue dispón dun estuche de primeiros axudas pero non de persoal sanitario que o atenda nin de medio de transporte.

Visitas

Con carácter xeral, non se admitirán visitas ás persoas aloxadas dentro da planta superior, nin poderán éstos invitar a comer a outras persoas. O acceso de persoas convidadas ó Albergue farase previa autorización expresa da dirección do albergue e de acordo coas instrucións expresadas.

Dereitos e obrigas dos usuario aloxados no Albergue

Serán dereitos de calquera usuario do albergue, os seguintes:

a) Utilizar as instalacións e servizos contratados de acordo co presente regulamento e coa normativa interna do albergue.

b) Recibir información obxectiva, exacta y completa sobre todas e cada unha das condicións de prestación dos servizos.

c) Obter cantos documentos acrediten os términos da súa contratación e, en calquera caso, os recibos correspondentes á mesma.

d) Formular queixas ou reclamacións, para o cal terán á súa disposición os medios adecuados para iso, a folla de reclamacións e o cuestionario de satisfacción.

e) Calquera outros dereitos que veñan recoñecidos na lexislación vixente de aplicación.

Serán obligacións de toda persoa usuaria do albergue, as seguintes:

a) Respetar o establecido no presente reglamento do albergue e as intruccións que dicte a dirección do albergue.

b) Hacer un bo uso das instalacións e do seu equipamento e servizos.

c) Comunicar ó cadro de persoal das instalacións as anomalías de funcionamento, las anomalías de funcionamiento, roturas e deficiencias das instalacións que observen.

d) Respetar os dereitos das demais persoas, especialmente nas reservas de salas e espazos comúns previamente concedidos.

e) Comportarse correctamente nas instalacións facilitando en todo momento o labor do persoal do albergue e a convivencia con outras persoas usuarias.

f) Aboaar os prezos públicos que se esixan pola utilización dos servizos e as instalacións do albergue.

g) Respetar os horarios de apertura e peche do albergue, atendendo as indicacións do cadro de persoal neste sentido.

h) Calquera outras obrigacións que se deriven da lexislación vixente ou do presente reglamento.

Reclamacións

Ós efectos das garantías dos dereitos que asisten ás persoas usuarias do albergue, existirá á disposición dos mesmos un Libro de Reclamacións.

Calquera persoa usuaria, previa exhibición do seu DNI, pasaporte poderá utilizar o Libro de Reclamacións facendo constar no mesmo, xunto coa reclamación, súa identificación con nome, apelidos e domicilio. En tempo e forma, contestarase por escrito ou, si fose o caso, no mesmo lugar verbalmente.

Aloxamento de Mascotas

Estimable cliente: En primer lugar indicarlle dúas condicións principais na contratación do aloxamento coas súas mascostas:

  • Admítese como máximo unha mascota(can ou gato) por habitación, sendo sempre a habitación completa do dono. Non tén coste extra.

Por outra parte, detallámoslle unha serie de normas básicas para que a súa estancia e a da súa mascota sexan o mais agradable posible e non supoñan ningunha incomodidade para o resto da clientela do albergue.

  1. En todo momento o cliente faise responsable da súa mascota e do comportamento da mesma e terá a obriga de mantelo nas debidas condicións hixienicas e sanitarias.
  2. Súa mascota non poderá quedarse en ningún intre -salvo excepcións (ver punto 4) soa na habitación.
    Con esto tratamos de evitar posibles molestias, por ladridos e choros, ó resto de clientes aloxados ou danos no mobiliario da habitación. O propietario é responsable dos danos causados pola súa mascota xa sexa a terceiras persoas ou ó mobiliario. O importe dos estragos ocasionados durante a estancia será cargado na factura final da estancia.
  3. Prégase ós clientes que non deixen subir ás camas as súas mascotas e que non limpen as mesmas coas toallas do albergue.
  4. No caso de que desexen disfrutar do servizo de almorzo poderán deixar a súa mascota soa na habitación durante ese período de tempo, xa que non está permitido o acceso da mesma á cafetería.
  5. O albergue dispón de xardíns para uso e disfrute de tódolos clientes. Por tal motivo e para unha mellor convivencia entre todos, prégase pasear as súas mascotas sempre con correa así como facerse responsables da recollida de excrementos que as mesmas poidan ocasionar. Si é preciso, o albergue facilitaralles material para a su recollida.

Antes de facer a reserva avise de que viaxa con un animal de compaña.

No se esqueza de entregar unha copia firmada de este documento como proba de aceptación de condicións.

Sin mais, desexamos para vostede e a súa mascota unha feliz estacia no noso establecemento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR