Río Sor
O río Sor é un corto río costeiro da Península Ibérica, situado en Galicia, España. O seu nacemento ven de dous brazos, un que nace na parroquia de Freixo nas Pontes de Gacía Rodríguez e outro nos montes próximos á localidade de Muras, no municipio de mesmo nome, os dous xúntanse en Ambosores, onde o Sor é un só, ata a súa desembocadura en O Barqueiro.
Pertence a vertente cantábrica, serve de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo, e despois de 49 km desemboca no mar Cantábrico, na ría de O Barquero. Discorre polos municipios das Pontes de García Rodríguez e Mañón na provincia de A Coruña e por Muras, Ourol e Vicedo na de Lugo.
Mirador e Área Recreativa de Augas Caídas
Área recreativa situada nunha contorna fluvial e forestal, nas inmediacións do río Sor. Con impresionantes vistas dende o mirador a fervenza natural, denominada Augas Caídas, así como ó abrupto e escarpado lugar que a rodea.
Fermoso lugar onde o río Seixo se xunta co río Sor formando unha fervenza natural ó encaixonarse a través dunha caída vertical contrastando co ambiente suave da Serra Faladoira. Vistas inesquecibles nunha área de lecer equipada de mesas, bancos, grella, …, en perfecta harmonía co medio natural. Coa posibilidade de pesca e refuxio de pescadores.
Atópase a dous Km do noso establecemento.
Máis información:
Área Recreativa de Ponte Segade
Área de recreo situada nun ambiente forestal, nas inmediacións do río Sor, nun espazo natural de excepcionais características ecolóxicas, densa vexetación de piñeiros, eucaliptos, carballos e ameneiros que dan abrigo ó visitante.
Posibilidade de pesca (troita, reo); está situado nun treito do coto de pesca do río Sor. Con presenza de antigos muíños de auga de pranta rectangular, paredes de cachotería e estrutura de madeira que soporta o tellado de lousa. Elementos tradicionais, recuperados e destinados a refuxio de pescadores. Bo equipamento, en perfecta harmonía co medio natural. Visita obrigada como punto de contacto coa natureza.
Encóntrase a uns 8km do establecemento.
Máis información: