Observación de aves
A uns poucos kilómetros está Estaca de Bares, recoñecido por moitos observadores de aves como o mellor lugar de Europa para albiscar aves oceánicas. Atoparalo preto do faro, ó carón dunha antiga base militar.
É un importante punto de paso para gran número de aves migratorias xa que nela confluen as rutas do Atlántico, Mediterráneo e Ártico. Entre setembro e decembro convírtese nun enclave ideal para asistir á migración de especies mariñas e terrestres. Por aquí pasan más de un millón de aves cada ano.